A Gramática práctica da lingua galega é un libro pensado e escrito para os profesores e estudantes de galego de Ensino Secundario. Está estructurado en 68 unidades que comprenden dende a fonoloxía, acentuación, ortografía ata a análise sintáctica, pasando polos tipos de palabras, a súa formación, características, a semántica, a conxugación verbal… En definitiva, tódolos aspectos lingüísticos propios da ESO, explicados de maneira sinxela polo seu autor, profesor de lingua galega con moitos anos de experiencia.
O libro conta, ademais, con exercicios en cada unidade (máis de 170 en total) coas súas solucións.
PVP: 18 €
ISBN: 978-84-123768-1-4
Páginas: 186
Portada