Unha morte lanzal. A traxedia do bou EVA

Obra finalista ó Premio Nacional de Literatura Dramática 2017

Esta peza de teatro foi lida en Vigo, no Instituto Santa Irene, por actores e actrices profesionais, o 31 de xaneiro do ano 2014. Dirixiu a lectura e a posta en escena Julián Rodríguez Novo, o autor da obra, que, nesta ocasión, dous anos despois, nos ofrece un texto con interesantes retoques e revisado nalgúns aspectos lingüísticos. Sabido é que esta obra, Unha morte lanzal (A traxedia do bou Eva), “retrata”, cos debidos elementos de ficción, o que lles aconteceu, na noite do 22 ó 23 de abril de 1937, a nove republicanos galegos (oito homes e unha muller) que se propuñan fuxir, nun bou, do Vigo franquista, rumbo a un porto da España republicana, da España leal. Xa na embarcación, non tiveron sorte. Alertados os custodios daquel Réxime (desde a garda civil ós falanxistas), impediron calquera manobra do bou e asolagaron a sala de máquinas onde se refuxiaran os antifascistas. Algunha versión precisa que asolagaron o refuxio con mangueiras de auga fervendo.

(Extracto do prólogo de don Xesús Alonso Montero, director da RAG)

PVP: 15 €

portada simple

Portada

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

editorial independiente

A %d blogueros les gusta esto: